Contenidos
TEMA 1: Representación Gráfica.
- Expresión gráfica, bosquexos e planos.
- Representación de obxectos: sistema diédrico e perspectiva cabaleira.
- Representación de superficies: Topografía, perfiles topográficos.
- Metroloxía. Acoutación e simboloxía.
- Debuxo nos procesadores de textos.
- Aplicacións informáticas de debuxo vectorial.
TEMA 2: Mecanismos, máquinas e motores.
- Máquinas simples: panca, mecanismos articulados, poleas, polipasto e torno.
- Esforzos que interveñen nas máquinas simples: acción e reacción.
- Mecanismos de transformación dos movementos.
- Relacións de velocidades.
- Máquinas térmicas. Motores de explosión: gasolina e diesel.
TEMA 3: Estruturas.
- Estruturas como elementos resistentes aos esforzos. Clasificación.
- Elementos estruturais: viga, pilar, arco, bóveda, cúpula, tirante, cimentacións.
- Cálculo da resistencia a tracción e a compresión de pezas simples.
- Identificación dos esforzos que actúan en estruturas reais.
TEMA 4: Enerxía.
- Tipos de enerxía: mecánica, térmica, química, radiante, acústica e eléctrica.
- Transformacións da enerxía.
- Uso da enerxía eléctrica: produción, distribución e consumo.
- Medida do consumo eléctrico. O quilovatio hora.
- Tipos de centrais eléctricas: hidroeléctrica, térmica de combustibles fósiles, térmica nuclear, térmica solar, solar fotovoltaica, eólica, xeotérmica, undimotriz, maremotriz, heliotérmica e de biomasa.
TEMA 5: Electricidade e electrónica.
- O circuíto eléctrico e as magnitudes eléctricas básicas.
- Corrente continua e alterna.
- Cálculo de circuítos: lei de Ohm.
- Elementos básicos para a montaxe e experimentación de circuítos: polímetro, fonte de alimentación e placas board.
- Compoñentes electrónicos básicos: resistencias, condensadores, diodos, transistores.
- Dispositivos de entrada: interruptores, pulsadores, resistencias dependentes da luz e da temperatura.
- Dispositivos de saída: zumbador, relé, LED, lámpada, motor.
- Simuladores de circuítos eléctricos e electrónicos.
TEMA 6: Instalacións da vivenda.
- Abastecemento e distribución de auga.
- Rede de fecais. Depuración.
- Instalacións de gas.
- Instalacións eléctricas. Cadro de mando e protección.
- Instalacións de climatización. Calefacción.
- Outras instalacións da vivenda: telefonía, radio, televisión.
- Custos e aforro enerxético na vivenda. Facturación dos servizos domésticos.
- Arquitectura bioclimática.
- Domótica.
TEMA 7: Hardware e software.
- Hardware: dispositivos de entrada e saída.
- Software libre e privativo.
- Sistemas operativos. Elementos básicos do escritorio: estructura.
- Ofimática: procesador de textos e folla de cálculo.
TEMA 8: Tecnoloxías da comunicación. Internet.
- Medios de comunicación con fíos: cable de pares, cable coaxial e cable de fibra óptica.
- Medios de comunicación sen fíos: o espectro radioeléctrico. Propiedades da radiación electromagnética. Bandas de frecuencia e aplicacións. Repartición do espectro. Requisitos de largo de banda dos sistemas de comunicacións típicos.
- Efectos das radiacións electromagnéticas na saúde.
- Pasos que se deben seguir para conectar un ordenador á Internet.
- Redes de comunicación de datos: comunicación entre ordenadores. Tipos de redes de datos: rede de área local (LAN), rede sen fíos (WLAN).
- Internet: fonte de información e vía de comunicación (correo electrónico, chat, mensaxería instantánea). Páxinas web e blogs.
- Conexións á Internet: RTB, RDSI, ADSL, cable, vía teléfono móbil, PDA, vía satélite, pola rede eléctrica e mediante redes sen fíos. Características principáis dos distintos tipos de conexión.
- Configuración dunha conexión WIFI.
TEMA 9: A tecnoloxía e o seu desenvolvemento histórico.
- Significado de ciencia, técnica e tecnoloxía.
- Principais vías do desenvolvemento tecnolóxico.
- Períodos tecnolóxicos: azar, artesán e enxeñeril.
- Feitos fundamentais na historia da tecnoloxía.
- Relación da tecnoloxía co modelo social.
- Evolución dos obxectos tecnolóxicos.
- Desenvolvemento sostible.